IV Congreso Internacional
En Santiago de Compostela os días 21 e 22 de xullo de 2021. Máis información e inscrición aquí.
+21 Proxectos de Investigación
Difusión e didáctica sobre o Camino de Santiago y das peregrinacións.
Aquí che presentamos toda a información.
Sobre a cátedrac
A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da Universidade de Santiago de Compostela foi creada no Consello de Goberno do 29 de xullo de 2016 e réxese polo novo convenio de colaboración asinado entre a USC, a Axencia de Turismo de Galiza e a Catedral de Santiago o 7 de agosto de 2019.
Os seus obxectivos consisten ea difusión dos valores asociados coa Peregrinación e inherentes ao Camiño de Santiago; a realización de cursiños, seminarios, conferencias e cantas actividades académicas redunden na difusión e o coñecemento do Camiño de Santiago e das Peregrinacións...Ver máis

CURSOS MOOC DA CÁTEDRA DO CAMIÑO / USC
A Cátedra e a USC presentan os seus primeros cursos MOOC para a difusión dos valores patrimoniais e culturais do Camiño de Santiago. Os cursos ofrécense a través de MIRÍADAX, a principal plataforma do mundo para cursos de formación en liña en lingua española.
MOOC
MOOC 1 - Módulo 0. O Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade para un mundo global.
MOOC 2 - Módulo 0. O Camiño de Santiago, enfoques didácticos multidisciplinares.
MOOC 3 - Módulo 0. O Camiño de Santiago, nas redes sociais.
Presentaciones
MOOC 1. O Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade para un mundo global.
MOOC 2. O Camiño de Santiago, enfoques didácticos multidisciplinares.
MOOC 3. O Camiño de Santiago, nas redes sociais.
Base de Datos REDE XACOBEAb
A Base de datos de Recursos Académicos, Científicos e Didácticos do Camiño de Santiago "Rede Xacobea" é unha ferramenta de investigación na que atopar información actualizada dos investigadores vivos, institucións, actividades académicas e revistas adicadas ao estudo do mundo xacobeo e das peregrinacións.
O seu principal obxectivo é fomentar o contacto, traballo e adquisición de recursos científicos e didácticos para investigadores, divulgadores e docentes coa finalidade de facilitar a comunicación entre os axentes que de maneira independente están desenrolando estudios xacobeos. De este modo preténdese consolidar a creación de unha rede xacobea mundial a partir da cal aunar sinerxias e revitalizar os estudos sobre o Camiño de Santiago, incentivando a organización de actividades académicas, proxectos de investigación, congresos e encontros internacionais; impulsar publicacións científicas e de divulgación; e mellorar a actividade docente.
"Rede Xacobea" aspira a ser unha ferramenta viva y aberta. Por eso, tódolos actores involucrados nos estudos xacobeos están invitados a participar no seu bo funcionamento aportando datos actualizados acerca da información recopilada, ou solicitando a inclusión de novas entradas a través do noso correo electrónico: catedra.caminodesantiago@usc.es
Últimas novasU
Non te perdas ningunha información,
aquí iremos publicando tódolos avances da cátedra.