Co obxectivo de fomentar a difusión do coñecemento histórico e actual do Camiño de
Santiago, a cultura xacobea e as peregrinacións, así como a promoción e difusión dos
valores a eles asociados nas súas diferentes facianas, e co gallo do Ano Santo 2027,
cumprindo deste xeito cos fins da Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das
Peregrinacións da USC, a Vicerreitoría de Innovación e Transferencia do Coñecemento
resolve convocar o I Premio para o Ano Santo 2027 aos Mellores Vídeos do
Estudantado da USC sobre unha peza cultural e/ou histórica-artística emblemática
da identidade do Camiño de Santiago, a Cultura Xacobea e as Peregrinacións
cunha duración de menos de cinco minutos.

So poderán presentarse a este premio o estudantado matriculado en titulacións de
grao ou máster no curso académico 2026/2027 na USC.

Para más información pinche aquí

gl_ES