Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións da Universidade de Santiago de Compostela creouse no Consello de Goberno do 29 de xullo de 2016 e réxese por un convenio de colaboración asinado pola a USC, a Axencia Galega de Turismo e a Catedral de Santiago que renovase cada tres anos. O seu obxectivo principal consiste na investigación sobre o Camiño de Santiago e a Peregrinación, a promoción de actividades académicas que contribúan a facilitar a reflexión e o debate sobre ambas realidades, así como a difusión dos valores asociados a elas. Para iso, a Cátedra organiza congresos, cursos, seminarios e cantas actividades permitan acadar tales obxectivos. Do mesmo xeito, colabora con profesores e departamentos universitarios en todo o que favoreza a formación integral de profesores, estudantes e público en xeral sobre o Camiño de Santiago e a Peregrinación. Outra das súas liñas de actuación consiste na convocatoria de premios, proxectos de investigación, patrocinio de publicación e diversas accións de comunicación. Grazas ao seu traballo, ano tras ano, a cultura xacobea está cada vez máis ligada á formación das novas promocións universitarias.
Dirección e Investigadores
CODIRECTORA:
Maria José Azevedo Santos
Catedrática da Facultade de Letras da Universidade de Coimbra e miembro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago
CODIRECTOR:
Daniel Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela
ANTIGOS DIRECTORES:
Domingo Luis González Lopo
Juan Manuel Monterroso Montero
ANTIGOS CODIRECTORES:
Adeline Rucquoi
Segundo Leonardo Pérez López
Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións