Leccións Xacobeas Internacionais na USC
Organiza:
Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da Universidade de Santiago de Compostela.
Directores:
Domingo L. González Lopo e Miguel Taín Guzmán
Localización:
Santiago de Compostela.
Número de horas lectivas:
30 horas (2 créditos).
Patrocinadores:
Axencia de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia e Catedral de Santiago.
Institucións colaboradoras nos últimos anos:
Museo das Peregrinacións e de Santiago, Fundación Catedral de Santiago, Asociación de Guías de Galicia, Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS), Institut Recherche Jacquaire (IRJ), Institute for Pilgrimage Studies da Universidade William and Mary e Centro Italiano di Studi Compostellani di Perugia, entre outras.
Obxectivo:
As Leccións Xacobeas constitúen un foro académico onde cada ano se presentan á comunidade universitaria, docentes non universitarios e público interesado os resultados das últimas investigacións sobre o Camiño de Santiago e a peregrinación, patrocinadas tanto pola Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da Universidade de Santiago de Compostela como por outros departamentos da USC e outros centros de investigación galegos, nacionais e internacionais. Todas as ponencias do curso están organizadas en seccións temáticas, con contidos diferentes cada ano, primando a novidade, a transversalidade e a multidisciplinariedade. Tamén se promove a participación internacional dos relatores e dar voz ás xeracións máis novas. Hoxe en día, as Leccións Xacobeas son unha referencia internacional de “convivencia” intelectual onde os relatores e o público intercambian opinións, propostas e novas ideas.
Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións