Rede Xacobea

A Base de datos de Recursos Académicos, Científicos e Didácticos do Camiño de Santiago "Rede Xacobea" é unha ferramenta de investigación na que atopar información actualizada dos investigadores vivos, institucións, actividades académicas e revistas adicadas ao estudo do mundo xacobeo e das peregrinacións.

O seu principal obxectivo é fomentar o contacto, traballo e adquisición de recursos científicos e didácticos para investigadores, divulgadores e docentes coa finalidade de facilitar a comunicación entre os axentes que de maneira independente están desenrolando estudios xacobeos. De este modo preténdese consolidar a creación de unha rede xacobea mundial a partir da cal aunar sinerxias e revitalizar os estudos sobre o Camiño de Santiago, incentivando a organización de actividades académicas, proxectos de investigación, congresos e encontros internacionais; impulsar publicacións científicas e de divulgación; e mellorar a actividade docente.

"Rede Xacobea" aspira a ser unha ferramenta viva, aberta e colaborativa, polo que todos os actores implicados nos estudos xacobeos están invitados a participar no seu bo funcionamento facilitando datos actualizados sobre a información recollida, ou contribuíndo a aumentar as entradas nas catro bases de datos (investigadores vivos; institucións; actividades académicas; revistas) a través dun formato wiki. Ao acceder a cada base de datos, as persoas interesadas poderán cubrir un cuestionario solicitando a incorporación de novas entradas ou a modificación das existentes, así como contactar co administrador da base de datos.

Proxecto de investigación 2020:
Base de datos do Camiño de Santiago: Profa. Paula Pita Galán

BADAPECO

A Base de Datos de Peregrinos que recibiron a Compostela (BADAPECO) é unha ferramenta dixital de consulta, colaboración e investigación en aberto, na que se pode atopar información actualizada dos peregrinos de época histórica que acudiron á catedral de Santiago de Compostela para recibir a "Compostela", é dicir, o certificado outorgado pola Igrexa compostelá que acredita ter realizado o Camiño de Santiago.

Elaborada a partir dos rexistros de peregrinos conservados no Arquivo Catedralicio de Santiago (1830-1896), esta base de datos convértese nun instrumento fundamental no contexto internacional dos estudos e dos centros de investigación xacobeos, co obxectivo de constituírse como a pedra angular dunha Rede de Bases de Datos de Peregrinos, a cal permitirá verter e interrelacionar os datos existentes en todo o mundo sobre peregrinos xacobeos.

Por iso, a BADAPECO debe funcionar como unha vía eficaz de constante actualización de datos e colaboración entre institucións e investigadores do Camiño de Santiago, que se pon á disposición de todos eles para actualizar e introducir nos seus distintos campos -ou noutros novos- calquera información individualizada sobre os peregrinos -incluídos ou non nela-, moderna@catedraldesantiago.es ou mediante o formulario de solicitude de modificación de datos que figura en cada asento.

Proxecto de investigación 2020:
Base de Datos de Peregrinos a Compostela:
Dr. Arturo Iglesias Ortega

gl_ES